“GALICIA SABE AMAR” patrocinará o vital encontro ante Rebi Cuenca

O vindeiro sábado 25 de abril, ás 16:30 horas, coincidindo coa disputa do encontro da Liga NEXUS ENERGÍA ASOBAL entre o Frigoríficos do Morrazo e o REBI Balonmano Cuenca.

O Pavillón do Gatañal será escenario dunha acción promocional da campaña Galicia Sabe Amar, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar.

Esta iniciativa, en marcha desde o ano 2021, ten como obxectivo fomentar o consumo dos produtos do mar galegos, poñer en valor o traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo e divulgar os beneficios dun alimento de alta calidade, nutritivo e vencellado a hábitos de vida saudables. A campaña vén desenvolvendo distintas accións de promoción e sensibilización en diferentes ámbitos sociais, educativos e deportivos de toda Galicia.

No marco desta xornada está prevista a presenza da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, así como o desenvolvemento de diferentes accións promocionais vinculadas a esta campaña institucional durante o encontro. No acto participarán o presidente do club, Alberto González, xunto con representantes da Consellería do Mar.

Foto de @robertowskipics

0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido