O central moañés e líder ofensivo do equipo seguirá en O Gatañal ata 2028, converténdose na sexta renovación do equipo.

O Frigoríficos do Morrazo e Manu Pérez chegaron a un acordo para a súa renovación por dúas tempadas máis, prolongando a súa vinculación co club ata 2028. Un movemento de enorme valor deportivo e identitario que se enmarca nun fito para a entidade, que está a conseguir asegurar a continuidade dun bloque clave tras un verán de 2025 marcado por 11 baixas de xogadores e pola
saída de Nacho Moyano.
O director deportivo, Óscar Fernández, valora esta renovación como unha mensaxe clara de proxecto e de identidade: “Manu é o mellor exemplo do gran traballo de canteira que se está a levar a cabo desde hai moitos anos no noso club, un xogador criado en Cangas con unhas cualidades poucas veces vistas antes no club. Manu ten desequilibrio no un contra un, potencia no lanzamento e unha calidade impropia para a súa idade. Se segue traballando como ata agora e é ambicioso, cremos que aínda estaremos lonxe de ver o seu teito”.
Pola súa banda, Manu Pérez comenta: “ Para mí es un orgullo renovar y sentir la confianza del club donde he crecido. He pasado por todas las categorías de base y en cada etapa he aprendido muchísimo, tanto de entrenadores como de compañeros. Todo ese proceso es lo que me ha ayudado a llegar hasta aquí. También es ilusionante que, en un equipo con una gran base como es el Balonman Cangas, los chicos de la cantera puedan ver que alguien que empezó como ellos, entrenando y trabajando día a día, puede llegar al primer equipo. Ojalá les sirva como motivación para seguir esforzándose y creer que, con trabajo y constancia, es posible conseguirlo. Mi objetivo es seguir creciendo como jugador aquí y ayudar a que el club siga compitiendo en la máxima categoría del balonmano español.”
Manu representa como poucos o significado de sentir o escudo. Canteirán desde os 8 anos, a súa progresión por todas as categorías do club nunca pasou desapercibida ata que, na tempada 2020/2021, con 16 anos, debutou na Liga ASOBAL, converténdose no xogador máis novo en debutar co primeiro equipo do Balonmán Cangas na máxima categoría. Asiduo das seleccións galegas e de concentracións nacionais, o seu camiño non foi doado: varias lesións frearon a súa continuidade en ASOBAL e apartárono de citas importantes, como o Mundial Xuvenil de 2023. Porén, o seu rendemento recente devolveuno á primeira liña, conseguindo o billete para competir coa Selección Española Júnior no Mundial, no que o combinado nacional rematou na 9.ª posición.
Forza Cangas!

Foto de @robertowskipics
