O partido terá lugar o Domingo 1 de Marzo ás 20:00h no Gatañal
Este ano, os abonados/as poderán acceder de xeito habitual co carné e sen pagar a maiores.

Partido da pasada tempada disputado no Gatañal @robertowskipics
Para esta cita, o club informa de que non será Día do Club, polo que as persoas socias non terán que pagar entrada. En consecuencia, a venda de localidades estará dirixida unicamente a persoas non socias, coa apertura prevista para o xoves 19 de febreiro. Debido á alta demanda prevista e co obxectivo de garantir a prioridade das persoas abonadas, o club vese na obriga de reducir o número de entradas dispoñibles para público non socio, evitando así posibles irregularidades de aforo.
O encontro estará marcado, ademais, pola volta de Dani Fernández á que foi a súa casa durante dúas tempadas (2020/21 e 2021/22), nun partido que se agarda de máxima expectación no municipio.
PREZOS DE ENTRADAS
Información de entradas (non socios/as)
- Adulto: 30 € (nados en 2006 e anteriores)
- Xuvenil: 18 € (nados entre 2007 e 2012)
- Infantil: 10 € (nados entre 2013 e 2017)
*As entradas online teñen incluido os gastos de xestión
O clube poderá solicitar o DNI tanto no momento da retirada da entrada como no acceso ao pavillón para verificar os tramos de idade. As entradas poderán retirarse online ata esgotar existencias. No caso de quedar localidades dispoñibles, o club comunicará a apertura de taquilla física.
INFORMACIÓN RELEVANTE
1º Cómpre lembrar que os asentos de O Gatañal non son numerados, polo que se recomenda acudir con antelación. A apertura de portas será ás 18:45h e os accesos estarán diferenciados para socios/as e non socios/as, por portas distintas
2º Haberá un acceso habilitado para SOCIOS e outro para NON SOCIOS, para poder revisar correctamente as entradas.
3º NON É DÍA DO CLUBE, si es abonado ou abonada non tes que pagar nada.
Dende o Clube agardamos desfrutar con todos unha gran festa do balonmán.
