O Balonmán Cangas realiza unha doazón histórica a ADICAM

O inicio do Plan Social do clube culmina cunha acción histórica entre a comunidade do Morrazo.

Este apoio á Asociación de Diagnósticadas de cáncro de mama e xinecolóxico fai que supoña un incremento do 936% con respecto á última campaña realizada no seu favor polo clube en 2019.

Momento da entrega do cheque solidario á directiva de Adicam por Alberto González.

O Club Balonmán Cangas – Frigoríficos do Morrazo fixo entrega a ADICAM do cheque correspondente á campaña solidaria desenvolvida durante o mes de outubro. O acto tivo lugar antes do inicio do partido da Liga NEXUS ENERGÍA ASOBAL entre o Frigoríficos e o Recoletas Atlético Valladolid, e contou cunha sentida ovación do público cangués.

ADICAM (Asociación de Diagnosticadas de Cáncro de Mama e Xinecolóxico) é unha entidade histórica e fundamental no Morrazo, que leva máis de dúas décadas acompañando, apoiando e sensibilizando á sociedade sobre a prevención e o tratamento do cancro de mama.

A campaña solidaria desenvolvida polo club tivo como obxectivo dar visibilidade ao labor da asociación e recadar fondos para apoiar as súas actividades. As accións incluíron o despregue dunha lona xigante na sede de ADICAM, a ambientación do pavillón de O Gatañal de cor rosa durante o encontro ante o Dicorpebal La Rioja, e culminaron coa subasta benéfica das camisetas usadas polos xogadores nese partido nunha noite histórica para ambas entidades.

En orixe, o acordo contemplaba doar o 50% dos beneficios obtidos, pero ante a extraordinaria resposta da afección e das empresas colaboradoras, o club decidiu destinar a totalidade dos fondos recadados á asociación, asumindo unicamente os gastos derivados da organización de todos os actos da campaña.

Desde o Balonmán Cangas, queremos expresar o noso orgullo e gratitude por formar parte dunha comunidade solidaria que sempre responde cando se trata de axudar. Con esta doazón, reafirmamos o noso compromiso de seguir loitando dentro e fóra da pista, apoiando o labor de entidades que fan mellor o noso entorno.

Os datos que pasan a historia:
A pesar de levar varios anos implicados na comunicación e nas iniciativas anualmente e cunha pequena doazón en 2023, a recuperación deste evento supuxo uns datos que para clube e asociación son abraiantes tant a nivel comunicativo como a nivel económico. No 2019 se recadaron 660€ pola venta das camisetas rosas conmemorativas, no caso de 2025, recuperar a iniciativa de tinguir de rosa O Gatañal e a subasta benéfica, supuxo un incremento de máis dun 900% dos beneficios destinados a ADICAM.

Momento del acto homenaje antes del partido Frigoríficos y Valladolid
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido