O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo e Vitaldent asinaron un acordo de patrocinio que reforza o compromiso de ambas entidades coa saúde, o deporte e a comunidade do Morrazo.

A colaboración contempla vantaxes exclusivas para os socios do club, como un 20% de desconto en calquera tratamento superior a 150€ nas clínicas Vitaldent da comarca. Ademais, a alianza irá máis alá dos descontos, xa que Vitaldent patrocinará a un dos equipos da base do club, organizará sorteos e agasallos ao longo da tempada e ofrecerá charlas sobre saúde bucodental dirixidas aos xogadores de base e afeccionados en momentos concretos do ano.
“Para Vitaldent é un orgullo apoiar a un club histórico como o Balonmán Cangas. Este acordo permítenos reforzar a nosa presenza na comarca e, ao mesmo tempo, achegar a saúde bucodental á afección con descontos, sorteos e actividades formativas. Cremos no deporte como motor de hábitos saudables, e esta colaboración é unha mostra clara dese compromiso.”- declara Yago Graña, director da clínica de Cangas.
Declaracións de Alberto González, presidente do club:
“É unha gran satisfacción sumar a Vitaldent á nosa familia de patrocinadores.
Compartimos a visión de coidar e mellorar a calidade de vida das persoas, e estamos convencidos de que esta alianza achegará un valor engadido aos nosos socios, xogadores e a toda a comunidade de Cangas e do Morrazo.”

