O Club Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo segue sumando aliados nesta nova era. Fibritel, operador líder en telecomunicacións en zonas rurais, convértese en patrocinador oficial do noso club, cun acordo que inclúe presenza no pantalón do primeiro equipo, accións conxuntas de visibilidade e unha promoción exclusiva para a nosa masa social.

Este patrocinio, que supón un novo paso no proceso de profesionalización impulsado pola directiva, representa unha alianza estratéxica que vai máis aló do deportivo. Fibritel aposta pola nosa terra, polos nosos valores e pola nosa xente. E faino cun compromiso claro: apoiar ao Balonmán Cangas no seu camiño por seguir facendo historia e ofrecer vantaxes reais aos seus seareiros.
“Para Fibritel, apoiar ao Balonmán Cangas é moito máis ca unha aposta polo deporte: constitúe un compromiso con Galicia, cos seus ciudadáns e as súas empresas. Queremos que esta alianza co Clube sexa tamén unha forma de reforzar o noso vínculo co territorio, impulsando accións que xeren valor na comunidade e fomenten o acceso equitativo ás oportunidades que ofrece a era diixtal”, destaca Ignacio Martín, CEO de Fibritel.
50€ de desconto no carné de socio
Todos aqueles socios e socias que contraten a fibra óptica de alta velocidade de Fibritel poderán beneficiarse dun desconto de 50€ no seu abono de tempada. Unha promoción directa que busca premiar a fidelidade e o apoio continuo da nosa afección.
Evento aberto ao público na tenda de Fibritel
Como parte desta colaboración, a vindeira semana terá lugar un acto especial na nova tenda de Fibritel en Cangas. Será a presentación oficial dun dos novos fichaxes do primeiro equipo, cun encontro aberto a toda a afección, agasallos e sorteos para os asistentes. Unha oportunidade perfecta para celebrar esta unión e seguir facendo comunidade.
Desde o clube valoramos moi positivamente o esforzo de empresas que, como Fibritel, queren formar parte do noso proxecto e acompañarnos nesta etapa ilusionante. A continuidade deste tipo de acordos depende tamén do compromiso colectivo e da implicación dos nosos socios e socias, que cada tempada demostran estar á altura do escudo que representan.
Declaracións de Alberto González, presidente do club:
“Contar con Fibritel é un orgullo. É unha empresa que comparte a nosa filosofía:
proximidade, esforzo e compromiso co territorio. Este acordo non só nos axuda a nivel deportivo, senón que tamén achega beneficios directos á nosa xente, e iso é o que realmente nos importa.”

