O Balonmán Cangas 2025/2026 bota a andar coa ilusión dunha nova era

A época de Quique Domínguez xa está aquí con 8 caras novas e un claro obxectivo: a permanencia do equipo na súa 26ª temapada en ASOBAL

Pablo castro, que volta a casa e Javi García, durante a charla de Quique no Cruceiro de Hío

O Gatañal volveu respirar balonmán esta mañá. Arrincou oficialmente a pretempada do Frigoríficos do Morrazo, dando comezo a unha nova etapa baixo a dirección de Quique Domínguez. Un primeiro día de contacto, reencontros e novas caras, coa ausencia xustificada de Santi López, que conta con permiso do club por motivos académicos.

A xornada comezou cunha benvida institucional a cargo do director deportivo Óscar Fernández e o presidente Alberto González, quen compartiron co equipo a súa visión e ambición para unha tempada que esperta moitas esperanzas no seno do club.

Recoñecemento do terreo en O Hío
Despois das primeiras palabras e xa coa roupa de adestramento, foi a quenda de Quique Domínguez. O novo técnico reuniu o grupo no Gatañal para unha primeira sesión lixeira e, posteriormente, o equipo desprazouse ata o cruceiro de O Hío, un lugar emblemático onde se fixeron as presentacións individuais dos novos xogadores. Un xesto simbólico que marca o inicio dunha etapa chea de retos.

Futuro inmediato no horizonte, con dúas datas clave

📍 O camiño do Balonmán Cangas 2025/2026 comeza con forza e dúas datas clave no horizonte inmediato:

  • Torneo Interpontes (7 e 8 de agosto), onde nos enfrontaremos ao Sporting de Lisboa e a outros rivais de nivel.
  • Presentación oficial do equipo ante a afección: xoves 14 de agosto, ás 20:00h no Atrio de Darbo, no Concello de Cangas.
A plantilla do Balonmán Cangas en O Hio
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido