LaLiga+ lanza a oferta para os nosos socios

Un ano máis, a chegada da nova tempada coincide co lanzamento da oferta para disfrutar de toda a Liga ASOBAL.

Poderás darte de alta no Local Social do Clube dende o martes 15 de xullo ata o luns 11 de agosto

LaLiga+ é a plataforma necesaria para desfrutar de todo o balonmán de ASOBAL durante a tempada 2025/2026

📺 Oferta exclusiva para abonados

Todos os socios e socias que renoven ou adquiran o seu abono de tempada co Balonmán Cangas poderán acceder a unha suscrición anual a LALIGA+ por só 55€, grazas a un acordo con ASOBAL e LALIGA+. Isto supón un desconto do 50% sobre o prezo oficial (110,99€) e dá acceso a moito máis que só a nosa liga.

Que inclúe a suscrición?

✔ Todos os partidos da Liga ASOBAL
✔ Acceso completo e sen restricións a todo o contido de LALIGA+
(🎥 Fútbol, balonmán, baloncesto, voleibol e moito máis)

Unha oportunidade única para vivir a emoción do deporte en primeira liña, esteas onde esteas.

Como facelo?

📍 Podes darte de alta e pagar no Local Social do club
📅 Do martes 15 de xullo ao luns 11 de agosto
🕒 Horarios: de 11:30 a 13:30 e de 19:30 a 21:30

Só precisas cubrir os teus datos correctamente (nome, apelidos e correo electrónico). O email debe estar ben escrito, xa que será clave para activar a túa conta.

Por que é importante para o club?

Por cada abonado que active esta promoción, o Balonmán Cangas recibe unha achega por número de abonados. É dicir, ademais de aforrar ti, estás axudando economicamente ao teu club.


Aproveita esta oferta e vive o balonmán como nunca. O Gatañal latexa dentro e fóra da pista. 💙

Todo o balonmán de ASOBAL por 55€
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido