O porteiro maño remata a súa vinculación co noso clube ó rematar esta tempada.
O gardameta de 24 anos marchará á liga francesa na búsqueda de seguir medrando como xogador.
O Clube lamenta non poder disfrutar de Jorge no que queda de tempada por mor da súa lesión no xeonllo pero lle desexa todo o mellor no seu futuro.

Jorge Pérez deixará de vestir as cores do Balonmán Cangas coa finalización desta tempada. O talento baixo paus de Jorge non pasou desapercibido e seguirá o seu camiño fóra do Gatañal
Tras dúas grandísimas tempadas no clube, chega o momento de despedir a un dos mellores porteiros da Liga Plenitude e a un xogador que deixa unha impronta tanto no equipo, coma nos afeccionados. “Jorge foi un porteiro diferencial para nós, tanto dentro como fora da pista, pero a necesidade de afrontar novas metas para o seu crecemento fixo que chegase o momento de separar os nosos camiños” afirman dende a directiva do Balonmán Cangas. “É un porteiro cunhas condicións e un talento innato para aparecer nos momentos determinantes”.
Jorge, rexistrou ata o momento 414 paradas na Liga Plenitude no seu paso por Cangas, o que o converteu nun dos mellores porteiros da competición. Un oco, que dende xa, se comeza a traballar para atopar un sustituto de garantías. “Cangas é un lugar fermoso onde conseguín medrar como xogador e como persoa facendo o que máis me gusta” afirmou. Un xogador exemplar en todos os ámbitos que formará parte para sempre da historia do Balonmán Cangas.
Moita sorte Jorge, foi un orgullo terte entre nós!