Este luns 3 de marzo, ábrese a taquilla para asistir ó partido contra o FC Barcelona, decretado día do Clube en Asamblea.
Os socios tamén deberán retirar unha entrada reducida para poder asistir ó partido do domingo día 9 de marzo.

Partido da pasada tempada disputado no Gatañal/ Rober Pastoiza
O vindeiro domingo, o FC Barcelona Handbol visitará O Gatañal no que será o terceiro encontro desta segunda volta. Tal e como se acordou na Asemblea de Socios celebrada en xullo de 2024, este día foi considerado como Día do Clube, un elemento primordial para a consecución do orzamento plantexado nesta tempada.
Por este motivo, todo aquel que queira asistir ó partido que se celebrará o día 9 as 17:00h deberá retirar unha entrada independentemente de que sexa socio ou non. A continuación detállase toda a información necesaria:
PREZOS DE ENTRADAS*
Haberá cinco franxas, dependendo da situación:
– ENTRADA SOCIO ADULTO (2005 – …) – 12€
– ENTRADA SOCIO SUB18 (2006 – 2017) – 6€
– ENTRADA NON SOCIO ADULTO (2005- …) – 25€
– ENTRADA NON SOCIO XUVENIL (2006 – 2011) – 15€
– ENTRADA NON SOCIO INFANTIL (2012 – 2017) – 8€
*As entradas online teñen incluido os gastos de xestión
HORARIO DE RETIRADA DE ENTRADAS
Para este partido, os socios poderán retirar a súa entrada presentando o carnet de socio no Local Social, e o DNI, no caso de ser unha entrada SUB18. Este ano, para facilitar a compra de entradas ós NON SOCIOS que viven fora, estará habilitada a venda de entradas online.
Para retirarlas físicamente, o horario da retirada se habilitará o luns día 3 de marzo nos seguintes horarios:
– LUNS MARTES XOVES e VENRES, De 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:30
– SÁBADO E DOMINGO, De 11:00 a 14:00
Durante a tarde do domingo, a taquilla abrirá as súas portas a partir das 15:30h, pero dende a directiva recoméndase a retirada de entradas anticipadas pola previsión de aforo completo (evitando así a posibilidade de non poder acceder ó partido).
INFORMACIÓN RELEVANTE
1º As portas se abrirán 1h e 30 minutos antes do comezo do partido, como as entradas non son numeradas, recoméndase o acceso con tempo dabondo.
2º Haberá un acceso habilitado para SOCIOS e outro para NON SOCIOS, para poder revisar correctamente as entradas.
3º Para retirar as entradas será IMPRESCINDIBLE presentar o carnet de socio e DNI no caso das entradas SUB18 (socios) e INFANTIL e XUVENIL (non socios).
4º Para resolver dúbidas, o Clube habilitará o seguinte correo: comunicacion@balonmancangas.com
5º En caso de non cumplir o requerimento idade no acceso, o clube se reserva o dereito de anular a entrada e se deberá retirar unha nova.
Dende o Clube agardamos desfrutar con todos unha gran festa do balonmán.