Santi López renova ata 2026

O central madrileño renova un ano máis o contrato co clube e poderemos seguir disfrutando da garra e da forma de bregar que ten Santi.

Santi convírtese así na segunda renovación do Clube de cara
á tempada 2025-2026.

Santi López, a segunda renovación para a vindeira tempada / Fergodesign

O Frigoríficos del Morrazo segue a perfilar o equipo da vindeira tempada e desta forma, Santi López (Madrid, 1996) seguirá formando parte do plantel polo menos un ano máis, ata 2026.

Un especialista en todas as posicións nas que xoga. Un perfil do que se coñece hoxe en día como “Universal” e que destaca tanto nas labores defensivas como en ataque.

Renovar o meu compromiso co Clube é moi especial. Ademáis de levar xa tempor aquí, o que máis me gusta é que cando saio a xogar non só o fago por min e polo equipo, senón que saes a xogar por toda a vila que ven a animar”. Tamén quixo remarcar que a dirección do clube é a correcta e que as cousas se están a facer en moi boa dirección.

Esta renovación a nivel da directiva era unha das prioridades para seguir asentando o proxecto deportivo, traballar con xogadores que coñezan a competición, o que se espera do equipo e que poidan ser un reforzo e un referente para os máis novos. Ademáis, Santi é deses xogadores que comparten os valores do Clube ao 200%.

En nome do Clube e de toda a afección: Santi, gracias por seguir sendo o MVP deste #SentimentoquePerdura !

Santi López, celebrando unha acción vs Bada Huesca / @robertowskipics

0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido