O pivote do Balonmán Cangas acepta a oferta de renovación e seguirá capitaneando a escuadra canguesa dúas tempadas máis.
Quintas, que cumplirá así 8 tempadas co Frigoríficos convírtese na primera renovación do Clube de cara á 2025-2026.

O Frigoríficos del Morrazo comeza a perfilar o equipo da vindeira tempada e por iso, Juan Quintas (Ourense, 1995) continuará ligado á disciplina canguesa por dúas tempadas máis. Quintas, preto de cumplir a treintena, é o capitán do equipo dende fai catro tempadas e foi quen de convertirse nun pilar fundamental dentro do plantel.
Un especialista defensivo que sempre foi un exemplo de profesionalidade e compromiso dende a súa chegada, aportando en labores ofensivas con gran acerto sempre que se lle necesitou. En verbas de Óscar Fernández, director deportivo do Clube, “estamos moi contentos de que Juan continúe connosco, sempre foi un exemplo dentro e fora da pista e agardamos que o siga sendo moito tempo”, o que engadiu que “é importante afianzar a xogadores galegos que comparten a filosofía do Clube”.
“Siempre dixen que esta é a miña casa, por iso estou moi feliz de seguir xogando para este clube. Cangas é un lugar onde se levan facendo as cousas moi ben, a nivel directiva, e a nivel afección, que é a mellor da Liga sen lugar a dúbidas”. Tamén quixo recoñecer que se atopa ben para seguir axudando o Clube e agradece especialmente a súa familia as facilidades que lle puxeron para seguir desfrutando do balonmán ó máximo nivel.
Esta renovación a nivel da directiva era unha prioridade para seguir asentando o proxecto deportivo, traballar con xogadores que coñezan a competición, o que se espera do equipo e que poidan ser un reforzo e un referente para os máis novos.
En nome do Clube e de toda a afección: Juan, gracias por seguir comandando este #SentimentoquePerdura !
