Comunicado Oficial do Club Balonmán Cangas

O Club Balonmán Cangas anuncia a apertura de candidaturas para a presidencia da entidade. A asamblea terá lugar o vindeiro sábado 22 de febreiro no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Ás 11:30 primeira convocatoria e ás 12:00 segunda convocatoria.

En Cangas, a 3 de febreiro de 2025

O Club Balonmán Cangas, dacordo cos estatutos da entidade, convoca eleccións á presidencia do clube.

A tal efecto, aperturase un prazo de presentación de candidaturas de 15 días, no cal se poderán presentar as mesmas nas oficinas do clube no prazo indicado ata o vindeiro día 19 de febreiro. Os candidatos terán que ter un mínimo de cinco anos de antigüidade como socios do clube e ser maiores de idade.

Neste senso, convócase, dacordo co disposto no artículo 17 dos estatutos do clube, a ASEMBLEA XERAL ESTRAORDINARIA que terá lugar o vindeiro sábado 22 de febreiro de 2025, ás 11:30 en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria no Salón de Plenos do Concello de Cangas, como único punto do día a ELECCIÓN DO PRESIDENTE.

D. Alberto González González
Presidente do Club Balonmán Cangas
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido