A Liga Plenitude volve a Cangas este sábado

O Recoletas Atlético Valladolid chegará esta fin de semana a O Gatañal na primeira xornada da segunda volta.
O partido da primeira volta saldouse con empate tras unha remontada épica no Huerta del Rey.

Tóth, no partido da pasada tempada ante o Recoletas At. Valladolid /R. Pastoriza

A Liga Plenitude está de volta en Cangas, e abrirase o telón o sábado 8 de febreiro ás 19:00h (O Gatañal, LaLiga+, Jordi Ausás e Miquel Florenza). Un novo envite capital para os intereses do equipo de Nacho Moyano na loita pola salvación.

O conxunto morracense, undécimo na clasificación con 12 puntos tratará de conseguir unha nova victoria en casa para tentar poñer terra de por medio cos postos de descenso. Históricamente, os duelos contra o conxunto dirixido por David Pisonero son sinónimo de igualdade máxima, con dúas vitorias pola mínima e tres empates nos últimos cinco encontros.

Estou moi contento co traballo nesta pretempada invernal, a pesar das baixas típicas deste período, penso que chegamos no mellor momento e cos deberes feitos” sinalaba Moyano nesta semana previa. O Balonmán Cangas poderá contar, salvo sorpresa con todos os seus efectivos, destacando a presencia da súa nova fichaxe, Luka Krivokapic, porteiro procedente de Stuttgart tras a lesión de Jorge Pérez.

En palabras do porteiro serbio, “Las claves serán: buena defensa y buena portería. Siguiendo las pautas que ha marcado Nacho, lo sacaremos adelante” advertindo da peligrosidade do rival e destacando as ganas que ten por debutar no feudo cangués.

O camiño da salvación pasará por facer un gran partido ante un rival da zona templada que destaca por un xogo moi vertical e apostando por un gran balonmano. En declaracións previas o primeiro partido da primeira volta, Pisonero referiuse ó Frigoríficos como un equipo que practica un gran balonmán e que sempre son partidos axustados.

Para todos os non socios, as entradas xa están dispoñibles a través de Cluber, ou premendo directamente neste enlace.

0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido