O clube visita durante o mes de novembro, ós colexios da comarca do Morrazo para fomentar o balonmán entre os máis novos dentro da campaña promovida polo Servizo Galego de Deportes da Xunta de Galicia a través do Programa Xogade.
Durante o mes de novembro, o noso clube en colaboración coa Xunta de Galicia, levou a cabo unha importante campaña de promoción da actividade física nos Centros Educativos do Morrazo. Unha iniciativa que pretende achegar o balonmán coma deporte ós nenos e nenas de entre 8 e 9 anos e un exemplo máis do compromiso social que temos co noso enterno.
Por iso, os xogadores do primeiro equipo, visitaron un total de 12 colexios para estar cos nenos das clases de 4º de primaria repartidos entre Marín, Bueu e Moaña. Catro sesións onde ensinar o noso deporte que culminou cun fantástico fin de festa cun Torneo Interescolar para poñer en práctica todo o aprendido.
Ideada polo Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, a campaña ten como obxectivo fomentar a práctica de balonmán entre os máis pequenos durante as clases de Educación Física. Para así, iniciar ós nenos e nenas á práctica deportiva a través de adestradores culaificados e xogadores profesionais.
Dende o Clube, queremos agradecer públicamente este tipo de iniciativas realizadas pola Xunta de Galicia e sobre todo, ós colexios por prestarse a coñecer máis deste bonito deporte.
Nesta iniciativa participamos actualmente con:
– CEIP Sequelo, CEIP Seixo, CPR La Inmaculada e CEIP A Laxe, en Marín.
– Virxe Milagrosa, CEIP A Torre-Cela, CEIP Montemogos e CEIP A Pedra en Bueu.
– E os colexios de Reibón, Seara, Quintela e A Guía en Moaña.
O nos porteiro Mateo Pallas e Giuliana, con algúns dos rapaces de Marín.