Mads Thymann, seguirá en Cangas un ano máis

O xogador danés, incorporado nun principio para o segundo tramo de tempada, renova o seu compromiso por unha tempada.

Thymann, que resultou capital na gran remontada do equipo atópase encantado en Cangas con afección e compañeiros.

Mads Thymann, celebrando o gol que certificaba o pase a final a 8 da Copa do Rei / Rober Pastoriza

Unha das maiores incógnitas para o plantel da 2024/2025 acaba de resolverse a favor para os intereses cangueses. Mads Thymann, o lateral esquerdo que provén de Mors Thy, aceptou a oferta de renovación plantexada polo clube de cara a vindeira tempada.

Con 27 anos e sendo a primeira aparición fora de Dinamarca, Mads mostrouse cauto a hora de falar do seu futuro, aclarando que viña a axudar o equipo en todo o posible sen marcarse outra meta máis alá desta tempada. Pois ben, Cangas como pobo e como equipo terminou por encalidalo e seguirá sendo unha peza capital nos esquemas de Nacho Moyano a vindeira tempada, máis aínda despois da prematura retirada de Juan del Arco.

É un xogador cunha calidade inmensa, pero ademáis é un xogador de clube, comprometido coa nosa causa e o referente para o equipo, ten madeira de líder e iso é o que se necesita neste equipo” explicaba Óscar Fernández. “Estou encantado de seguir un ano máis aquí, síntome a gusto cos compañeiros, coa xente do clube e co pobo en xeral. Acollido dende o primeiro momento e xogar de local en O Gatañal non ten prezo” comentou sobre o por qué da súa renovación.

Mads Thymann, cangués ata 2025
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido