A empresa canguesa, con vinculación en proxectos anteriores co Clube convértese no Patrocinador Oficial da Fase de Ascenso a DHPF que se está a desputar en Cangas.
Poñer en valor o deporte feminino e a vinculación co seu radio de acción, claves para poñer o foco no Tapería Dos Chata.

O balonmán feminino en Cangas ten un nome propio con Tapería Dos Chata, pero agora súmase unha nova aposta para facer que este proxecto siga crecendo: Gandón S.A.
A empresa canguesa, unha dos referentes do sector pesqueiro nacional, chegou un acordo co Balonmán Cangas para ser o patrocinador principal da Fase de Ascenso á categoría de Plata do balonmán feminino nacional. “Na nosa filosofía está presente vincularnos a proxectos sociais e deportivos da nosa zona, e esta fase era o mellor exemplo de ambos” comentaron María e Marga Gandón, máximas responsables da empresa.
O acordo se pechou rápidamente tras a adxudicación da sede en Cangas, nun intento de sufragar os gastos derivados da organización e de que as nosas Bravas do País, que están a completar unha magnífica tempada, poidan estar respaldadas na súa procura do ascenso. “Contar cunha empresa coa que sempre tivemos unha gran relación, non fai máis que darnos máis motivos para facer crecer a rama feminina do Clube, para nós é un placer contar con Gandón” apuntaba o presidente do clube, Alberto González.

Con este apoio, unido ó patrocinador do equipo Dos Chata e a colaboración de outras empresas vinculadas o Clube, están conseguindo que esta fase, independentemente do resultado sexa un éxito rotundo. A afección está a responder, as rapazas comezan con paso firme e os patrocinadores están moi involucrados.
Polo de pronto, Tapería dos Chata comezou con vitoria no día de onte ante Balonmano Sinfín e hoxe, terán outro partido vital ante o real Grupo de Cultura Covadonga.
Seguimos soñando convosco, ¡Imos Bravas!