O polivalente xogador madrileño, capital nos esquemas de Nacho Moyano renova o seu compromiso co clube cangués unha tempada máis.
Santi, campión do mundo xúnior en Argelia no 2016, cumplirá a súa quinta tempada co Frigoríficos.
O proxecto do Balonmán Cangas de cara a vindeira tempada segue collendo forma, tras as renovacións de Martín Gayo e Brais González, chegou a do universal Santi López. Unha boa nova para o equipo, que seguirá contando co seu “MVP” particular unha tempada máis.
Santi foi outro dos xogadores que chegaron da man de Nacho Moyano, gran coñecedor dos xogadores con proxección. “Estou encantado de seguir formando parte desta familia balonmanística e deste pobo, onde me sinto un cangués máis”, declarou. A renovación de Santi era un dos grandes obxectivos de Moyano e da directiva que preside Alberto González. “Santi é un xogador diferencial para un equipo coma o noso, o seu sacrificio, o seu traballo e a súa garra son parte do ADN do clube e o mellor espello para a nosa base”, comentou Óscar Fernández.
A posibilidade de seguir compaxinando a súa formación académica e o sentimento que a afección canguesa ten polo balonmán foron os elementos principais na súa decisión. Ademáis disto, Santi rematou a súa comparencencia ilusionado co futuro que lle agarda ó equipo; “Creo que aínda que agora mesmo só pensamos na salvación e na permanencia en Asobal, temos por diante un proxecto moi ilusionante. Por fin conseguimos consolidar un bloque de garantías que nos permitirá intentar mellorar os obxectivos das dúas últimas campañas”.
Santi, rexistrou ata o momento 233 goles como xogador cangués.
En nome do Clube e de toda a afección, Santi, gracias por seguir formando parte da familia do Balonmán Cangas!!