As entradas do partido ante o Barça, xa dispoñibles

Dende este martes día 30, ata o domingo se poderán retirar as entradas do partido ante o FC Barcelona.

Declarado Día do Clube en Asemblea, os socios tamén deberán retirar unha entrada reducida para poder asistir o partido.

Partido de ida disputado no Palau Blaugrana/ Miquel Muñoz

O vindeiro domingo, o FC Barcelona Handbol visitará O Gatañal no que será o penúltimo partido de Liga na casa. Tal e como se acordou na Asemblea de Socios celebrada en xullo de 2023, este día foi considerado como Día do Clube, un elemento primordial para a consecución do orzamento plantexado desta tempada nun ano especialmente duro por mor da profesionalización da Liga ASOBAL.

Por este motivo, todo aquel que queira asistir ó partido que se celebrará o domingo día 5 as 18:30h deberá retirar unha entrada independentemente de que sexa socio ou non. A continuación detállase toda a información necesaria:

PREZOS DE ENTRADAS
Haberá cinco franxas, dependendo da situación:
– ENTRADA SOCIO ADULTO (2004 – …) – 12€
– ENTRADA SOCIO SUB18 (2005 – 2016) – 6€
– ENTRADA NON SOCIO ADULTO (2004- …) – 25€
– ENTRADA NON SOCIO XUVENIL (2005 – 2010) – 15€
– ENTRADA NON SOCIO INFANTIL (2011 – 2016) – 8€

HORARIO DE RETIRADA DE ENTRADAS
Para este partido, non estará habilitada a venda de entradas online, polo que a retirada das entradas anticipadas se realizará de forma presencial nas oficinas do clube en O Gatañal. O horario desta retirada será dende o martes día 30 ata o propio domingo, nos seguintes horarios:
– MARTES A VENRES, De 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00
– SÁBADO E DOMINGO, De 11:00 a 14:00

Durante a tarde do domingo, a taquilla abrirá as súas portas a partir das 16:00h, pero dende a directiva recoméndase a retirada de entradas anticipadas pola previsión de aforo completo (evitando así a posibilidade de non poder acceder ó partido).

INFORMACIÓN RELEVANTE
1º Para retirar as entradas será IMPRESCINDIBLE presentar o carnet de socio e DNI no caso dos socios, e o DNI no caso dos non socios.
2º Se non estás en disposición de retirar a túa entrada de non socio de maneira presencial o Clube habilitará un correo para realizar a reserva das entradas: comunicacion@balonmancangas.com
3º Para esta reserva de entradas, escribir no asunto: RESERVA DE ENTRADAS – NOME. E no corpo do email, se indicarán as entradas solicitadas e o nome completo.
4º Devolveráse un email confirmando a reserva e o período para retirar as entradas será ata as 17:30h do domingo 5 de maio. No caso de non retiralas antes de esa hora, se liberarán para poder dar acceso á xente que asista a taquilla.

Para calquera outra consulta, poderáse escribir ó correo electrónico anteriormente citado: comunicacion@balonmancangas.com



As entradas contra o Barça, xa dispoñibles
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido