O líder do Balonmán Cangas pon fin a unha exitosa carrera de 14 anos como xogador de balonmán.
Del Arco, que foi sometido a unha operación de menisco o pasado mes de decembro, tomou a decisión de non volver as pistas xa nesta tempada.
Hoxe mércores as 11:30h no Gatañal e co respaldo do clube e dos seus compañeiros, Del Arco comunicou públicamente que esta foi a súa última tempada e que non se volverá vestir de curto; “Remata unha etapa moi bonira, pero tamén moi sacrificada e moi dura, é certo que non é maneira na que me gustaría facelo pero hai que asumilo como chega tendo en conta as circustancias”.
Del Arco pon fin a unha grandísima e exitosa carreira; formou parte dos Hispanos que conquistaron subcampionato de Europa na EHF Euro de 2016. Ademáis de ser un referente en Cangas, o xogador madrileño vestiu as cores de Granollers, Ciudad de Logroño e Anaitasuna en España, así coma un breve paso por Catar (onde conseguiu Liga, Emir Cup e Champions de Asia en 2016 con El Jaish) e tamén pola Liga Francesa, onde US Ivry, Tremblay e Limoges puideron disfrutar da súa calidade.
Un xogador irrepetible polo seu carácter e o seu liderazgo, que buscará novas metas no futuro “Todavía non sei se o meu futuro será lonxe do balonmán, o que é seguro é que o seguirei como afeccionado. Este deporte deume a parte máis importante da miña vida, que son miña muller e as miñas fillas” afirmou o internacional madrileño visiblemente emocionado durante o acto.
Dende o Club Balonmán Cangas, só se poden ter palabras de agredecemento pola súa profesionalidade e polos éxitos conxuntos, “Juan foi un xogador cunha calidade humana e deportiva excepcional ó que tivemos a gran sorte de desfrutar en Cangas. O clube respalda totalmente a súa decisión e ten as portas abertas para o que necesite”, afirmou Óscar Fernández, director deportivo da entidade canguesa.
A maxia do 39 xa non estará presente nas pistas, pero seguirá axudando ó equipo o que resta de tempada, onde se tratará de conseguir a ansiada permanencia e un bo papel na Final8 da Copa do Rei. “Creo que o equipo pasa por un gran momento, o equipo liberouse da presión e está xogando con confianza e quero seguir formando parte da plantilla e axudar no que poida dende a grada”, sentenciou o primeira liña.
Se queres ver a Rolda de Prensa enteira, preme no link.
¡Gracias por todo, Juan!