O extremo dereito portugués remata a súa vinculación co noso clube ó rematar esta tempada.
A búsqueda de novas cotas foi un factor determinante para Jeni, que foi quen de regalarnos grandes tardes de balonmán ó longo de tres tempadas.

Jenilson Monteiro deixará de vestir as cores do Balonmán Cangas coa finalización deste tempada, que asinará co Limoges Francés para os vindeiros dous anos. O talento do portugués non pasou desapercibido e seguirá o camiño de David Iglesias na búsqueda de novos retos na liga francesa.
Tras tres grandísimas tempadas no clube, chega o momento de despedir a un dos mellores extremos da Liga e a un xogador que deixa unha impronta tanto no equipo, coma nos afeccionados. “Jenilson é un xogador diferencial para nós, tanto dentro como fora da pista, pero a necesidade de afrontar novas metas para o seu crecemento fixo que chegase o momento de separar os nosos camiños” afirman dende a directiva do Balonmán Cangas, onde se destaca tamén o esforzo realizado o pasado verán para poder mantelo nas filas morracenses. “É un xogador cunhas condicións e un talento innato, era cuestión de tempo que recibise unha oferta que fose imposible de igualar”.
Monteiro, rexistrou ata o momento 272 goles no seu paso por Cangas, o que o converteu nun dos ídolos da numerosa afición canguesa. Un oco, que dende xa, se comeza a traballar para atopar un sustituto de garantías. “Cangas é un lugar onde sentirme coma na casa, agora só penso en seguir dando o 200% para conseguir deixar ó equipo onde se merece” afirmou. Un xogador exemplar en todos os ámbitos que formará parte para sempre da historia do Balonmán Cangas.
Moita sorte Jeni, foi un orgullo terte entre nós!