Frigoríficos e ABC Braga enfróntanse no derradeiro encontro do parón invernal

Este sábado as 18:00h, o Frigoríficos e o equipo portugués enfrontaránse a unha semana da reanudación da ASOBAL.

Moyano, O partido estará patrocinado por Construcciones Castro e organizado polo Concello de Sanxenxo, e servirá como acto de inauguración do reformado Pavillón Municipal de Baltar.

A xornada comezará as 16:30h con partidos prebenxamíns de Cangas e Sanxenxo e será a oportunidade de ver en acción a Mendonça.

Pepe Camiña, Rares Fodorean e Mario Dorado, durante a presentación do encontro xunto o concelleiro de deportes de Sanxenxo, D. Marcos Guisasola e Wallace Moreira, presidente do Bm. Sanxenxo / Lorena Ferreño (Concello de Sanxenxo)

Sanxenxo, 24 de xaneiro de 2024.- Sanxenxo vivirá o vindeiro sábado unha xornada adicada ó balonmán no recentemente estreado Pavillón de Baltar, e que contará como acto central co partido que enfrentará ó Frigoríficos e o histórico equipo portugués o ABC de Braga.

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, presentou onte o evento acompañado dun representante e xogadores do Balonmán Cangas e do responsable do Sanxenxo Balonmán, Wallace Moreira. “Es una oportunidad para poder disfrutar de un partido de balonmano de calidad con dos equipos importantes. Invito a todos los vecinos y vecinas a que se animen a venir y disfrutar de la jornada en la que también expondrá su juego nuestro club local”, asegurou Guisasola.

O partido de exhibición será o derradeiro partido desta pretempada invernal ante un rival que loita polo play off do título en Portugal e que disputa competición europea. Unha boa pedra de toque para o equipo de Nacho Moyano, que dará comezo as 18:00h con entrada libre ata completar aforo.

O clube local, o Sanxenxo Balonmán aproveitará este partido promocional para levar a cabo a presentación dos seus equipos no descanso do partido; e dende as 16:30 disputaráse un partido de prebenxamíns do clube local e do noso clube para realizar unha demostración das canteiras de ambos equipos.

Animo a todos los niños a venir a ver el partido y a disfrutar de la fiesta del balonmano”, asegurou Mario Dorado.

0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido