O Balonmán Cangas protagoniza a campaña “Xogade ao Balonmán”

O clube visita os colexios da comarca do Morrazo para fomentar o balonmán entre os máis novos dentro da campaña promovida polo Servizo Galego de Deportes da Xunta de Galicia a través do Programa Xogade.

Rajmond Tóth e Ricardo Brandåo nunha das charlas levadas a cabo no CEIP Montemogos / Balonmán Cangas Prensa

Durante o mes de decembro, o noso clube en colaboración coa Xunta de Galicia, levou a cabo unha importante campaña de promoción da actividade física nos Centros Educativos do Morrazo. Unha iniciativa que pretende achegar o balonmán coma deporte ós nenos e nenas de entre 8 e 10 anos e un exemplo máis do compromiso social que temos co noso enterno.

Por iso, os xogadores do primeiro equipo, visitaron un total de 13 colexios para estar cos nenos das clases de 4º de primaria. Unha charla para explicarlle a importancia do deporte como un hábito de vida saúdable e mesmo tiveron tempo para xogar durante as clases de Educación Física con eles nunha sesión de adestramento.

Ideada polo Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, a campaña ten como obxectivo que se impartan 4 sesións en cada cole. Para así, iniciar ós nenos e nenas no balonmán antes de desputar un Torneo Interescolar para poñer en práctica todo o aprendido. Onde os propios xogadores serán testemuñas deses avances.

Dende o Clube, destacan que estas iniciativas “son a mellor maneira de que o balonmán siga crecendo na Comarca”.

Nesta iniciativa participan actualmente:

– CEIP Espiñeira, Colexio Cia. María, Casa da Virxe e Castrillón en Cangas.
– Virxe Milagrosa, CEIP A Torre-cela, CEIP Montemogos e CEIP A Pedra en Bueu.
– E os colexios de Reibón, Seara, Quintela, Tirán e A Guía en Moaña.

Elcio, cos rapaces de Castrillón a semana pasada

0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Ir al contenido