O Frigoríficos del Morrazo recuperou sensacións ante o Bidasoa, segundo clasificado. A imaxe do equipo de Nacho Moyano nada tuvo que ver co partido de fai oito días en Puerto Sagunto. O equipo perdeu, pero obligou ós de Jacobo Cuétara a un notable esforzo para levarse os dos puntos de O Gatañal.
Tan certo é que o Bidasoa dominou de principio a fin o partido como que o Frigoríficos pegouse un tiro no pé coas súas trece pérdidas de balón, sete na segunda metade. Algunhas delas en momentos importantes, como nos que cun gran traballo defensivo conseguía asustar o seu rival, que sobrevivía por diante no electrónico gracias ós seus contraataques e algunhas pequenas decisións arbitrais, como a exclusión a Juan del Arco por protestar unha falta en ataque (reclamada por todo O Gatañal e da que os xogadores irundarras tampouco parecían queixarse).
Sen Rodrigo Salinas, o Bidasoa carece dun desatascador no ataque posicional. Iso oobligou a facelos crecer dende a súa defensa. E a así o fixo en Cangas. Cada perda de balón do Frigoríficos explotouna para desarmar ós de Nacho Moyano con rápidos contraataques.
O adestrador local pediu tempo morto (6-10, min.18) e o seu equipo mellorou, xogando con máis calma en ataque e cun gran traballo defensivo. No inicio do segundo tempo, o Frigoríficos dispuso dun ataque para igualar pero os colexiados pitaron unha falta de área do pivote portugués Ricardo Brandao.
E do posible 19-19 pasouse a un 18-23 que obligou a Moyano a tirar do seu segundo tempo morto en apenas catro minutos. O tecnico madrileño arriscou cunha defensa 5:1, pero dúas exclusións consecutivas de Santi López e a xa manecionada de Juan Del Arco lastraron ó equipo, que aínda disfrutou de tres ataques para achegarse a un gol no marcador.
Un erro de Martín Gayo nun lanzamento ó que non acompañou a fortuna, outro de Brais González nun acelerado contraataque e un par de pérdidas máis dos cangueses aseguraron o triunfo do Bidasoa nunha das súas canchas malditas.
25 Frigoríficos del Morrazo: Jorgé Pérez, Dorado (5,3p), Santi López (2), Quintas (1), Brandao (3), Gayo (2) y Jenilson (3) –equipo titular- Elcio Carvalho (ps), Brais González (4), Juan Del Arco (4), Andrade (1), Essam y Toth y Azurmendi.
27 Bidasoa Irún: Harbaouai Mehdi, Cavero (3p), Julen Mujica (6), Pacheco (1), Esteban Salinas (6), Asier Nieto (3) y Mikel Zabala (2) -equipo titular- Sladkowski (ps), Eneko Furundarena, Asier Iríbar, Dariel García (2) Tao (3), Gorka Nieto (1), Tito Díaz, Matheus y Jevtic.
Marcador cada cinco minutos: 1-1, 3-3, 5-7, 7-10, 11-13, 13-16 (tempo de lecer); 16-17, 18-19, 18-22, 21-23, 22-25 y 25-27.
Árbitros: Friera Cavada (comité asturiano) y Rosendo López (comité galego). Excluiron a Andrade, Essam, Juan Del Arco e Santi López (2) por parte do Frigoríficos, e a Matheus (2), Asier Iríbar e Cavero, polo Bidasoa.
Unha crónica de Chicho Moldes para balonmancangas.com